Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coronavirus. Amosar todas as publicacións

xoves, 9 de decembro de 2021

Traballo para hoxes xoves

Ola chicas e chicos: 

Como estades? Ánimo que esto xa se está acabando pero vouvos propoñer un traballo para hoxe, primeiro podedes ver este video:


E agora toca debuxar unha bonita árbore de Nadal, tan bonita ou máis que o que ten des en casa, recordade debuxarlle tamén uns adornos coloridos e, se queredes podedes pegarlle adornos (poden ser pequenos recortes dalgún folleto do supermercado que papi ou mami teñan por casa e que, por suposto, non lles falla,  QUERO VER ESAS ÁRBORES TAN FERMOSAS.

  

sábado, 4 de decembro de 2021

Os encargados desta semana

Estes son os encargados desta semana tan diferente ( como vedes Hugo repite porque é o único que puido vir á aula):






  

mércores, 1 de decembro de 2021

Traballo VOLUNTARIO para os confinados

 Ola chicos e chicas: 

Que tal todo? A maioría de vos está confinado na casa polo que, se queredes, podedes ver o seguinte vídeo que vos enviou a profe Bea:


E, se queredes, podedes colorear a seguinte ficha e escribir debaixo RENO e, incluso, PAPÁ NOEL.









venres, 19 de xuño de 2020

Tarefa do derradeiro día de curso


Hoxe remata o curso e comezan as vacacións de verán, como non podemos estar no cole... que vos parece se facedes un debuxo de como vos imaxinades que sería este día de estar na escola? Douvos unha pista: faríamos unha Feira Medieval.



En INGLÉS: a profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo de despedida: Bye bye


En  ANIMACIÓN Á LECTURA: a profe BEA proponvos visionar o vídeo do conto “La estrella de Topo” e despois facer un debuxo do ceo nocturno.


E para despedir o curso eu tamén vos fixen un vídeo do que fixemos ao longo do curso, QUÉROVOS MOITO E VOLTAREMOS O CURSO QUE VEN:
MÚSICA: mamá cabra

xoves, 18 de xuño de 2020

Tarefa do xoves


Na ficha 11 imos distinguir un-varios cos adhesivos pegar os adhesivos (un-varios). Colorear ou decorar os globos coa cor do seu contorno. Escribir pingüino (castelán) e pingüín (galego).




PSICOMOTRICIDADE: a profe Ana proponnos facer: globotenis. Para poder realizala só necesitades uns depresores, uns pratos de cartón e un globo. Unha vez teñades o  material preparado comeza o xogo. Podedes xogar de forma individual, dándolle “raquetazos” á pelota sen que caia e contando as veces que lle dades; ou facelo con parella, é dicir,  xogando ao tenis co voso pai ou nai, irmáns, avós….intentado dar o máximo número posible de toques.


mércores, 17 de xuño de 2020

Tarefa do mércores


Nesta ficha  10 contar as árbores que hai a cada lado do río e pegar os adhesivos que correspondan. Colorear o grupo de cinco árbores e puntear o grupo de catro. Cortar os adhesivos azuis e pegalos no río para enchelo. Repasar as grafías dos números 4 e 5 (primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador).



A profe Esther invítanos a ver o seguinte vídeo e a facer a tarefa que vos indica, o título é Happy Birthday"

martes, 16 de xuño de 2020

Tarefa do martes


Na ficha 9 de hoxe temos que observar a cor dos tres animais. Repasar as liñas descontinuas das caracolas coa cor do seu contorno e ler a serie. Cantas caracolas hai de cor marrón e de cor rosa?, escribir o número. Repasar as palabras ANÉMONA, PEZ E CORAL e escribilas.




En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar co Lim do verán (a actividade 33 non a deixa facer)
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/VERAN/verano.html

luns, 15 de xuño de 2020

Tarefa do derradeiro luns do curso


Seguimos coa Unidade 4, coa  ficha 8:  pegar os adhesivos de tamaño onde correspondan (están ao final do libro). Repasar as liñas descontinuas primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador. Colorear ou decorar os peixes (con puntiños, debuxos...). Pola parte de atrás da ficha escribir nas pautas a serie numérica ata o cinco.



En PSICOMOTRICIDADE a profe Ana proponnos facer o  traslado de auga: deberedes ter dous recipientes, un cheo de auga e o outro baleiro. Tendes que dispoñer dunha esponxa coa que deberedes facer o traslado da auga dun recipiente a outro. Para saber cantas veces tivestes que escorrer a esponxa, cada vez que a apretedes deberedes poñer un garavanzo, unha faba ou calquera obxecto que vos sirva para contar ao final as veces que a escorrestes. Esta actividade a podedes facer  botando no recipiente diferentes cantidades de auga.

Tarefa da última semana


venres, 12 de xuño de 2020

Tarefa do venres


A profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo e rematar a tarefa.



En  ANIMACIÓN Á LECTURA: a profe BEA proponnos visionar o conto “Nadarín”.  

Despois proponvos facer uns peixes que abren e pechan a boca. O primeiro que debedes facer é colorear os peixes da seguinte ficha

 Cando rematedes pedídelle a algunha persoa maior que volos recorten e axuden a pegar nunha pinza de madeira (fixarvos no modelo, a boca do peixe ten que coincidir coa parte da pinza que está pechada). Esperade a que seque o pegamento e... listo! Xa podedes xogar cos vosos peixiños (quedará parecidos aos seguintes:)

xoves, 11 de xuño de 2020

Tarefas do xoves


TAREFA: faremos a ficha 7: pintar o mapa coas cores indicadas e contar os continentes que teñen cor. Aprender os seus nomes. Repasar os números.




PSICOMOTRICIDADE: a profe Ana proponnos facer a actividade “A pesca”. Tendes que ter un bol o máis grande posible e enchelo de auga e de tapóns. Con dous garfos ou outros utensilios como paus chineses, pinzas, culleres… deberedes coller tantos tapóns como haxa na auga e posteriormente contalos e clasificalos por cores.



A profe Aurora invítavos a facer os exercicios (aos que ides con ela):


mércores, 10 de xuño de 2020

Que tendes que facer hoxe mércores


Hoxe faremos as fichas 5 e 6: 
Recortar as pezas da ficha 5. .


Pegalas formando a imaxe na 6 . Repasar as liñas descontinuas das nubes. Contar as nubes máis grandes e as máis pequenas que están arredor do crebacabezas e pegar os adhesivos




En INGLÉS: a profe Esther invítanos a ver o seguinte vídeo “Let´s take care of the sea”  e a facer a tarefa que vos indica (e unha tarefa semanal que podedes repartir ou facela cando queirades)

martes, 9 de xuño de 2020

O voso agasallo para os profes

MOITAS  GRAZAS  DE  PARTE  DE  TODAS  AS  MESTRAS❤❤❤

Tarefa para o martes


Hoxe faremos a ficha 4: contar e colorear os globos que teñan a mesma forma que o planeta Terra. Realizar o trazo dos números 5 e aprender o nome do quinto ordinal. Separar os trazos da regreta con rotulador amarelo, contalos e colorealos con cera amarela. Pola parte de atrás da ficha realizar o trazo dos números 1, 2, 3, 4 e 5 na pauta.




En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar a un lim de debaixo del mar (as páxinas 2 e 21 non deixa facelas e a 32 non a corrixe ben).
http:actividadeslim.blogspot.com/2010/10/debajo-del-mar.html



luns, 8 de xuño de 2020

Tarefa para o luns

Hoxe empezaremos  a Unidade 4: viaxando polo mundo, para iso primeiro miraremos o conto.

https://www.bing.com/videos/search?q=+palomitas+de+ma%c3%adz+4+a%c3%b1os+cuentos+animados+4&&view=detail&mid=DAFFE96E62179A962E64DAFFE96E62179A962E64&&FORM=VRDGAR&ru=%2Fvideos%2Fsearch%3Fq%3D%2520palomitas%2520de%2520ma%25C3%25ADz%25204%2520a%25C3%25B1os%2520cuentos%2520animados%25204%26qs%3Dn%26form%3DQBVR%26sp%3D-1%26pq%3Dpalomitas%2520de%2520ma%25C3%25ADz%25204%2520a%25C3%25B1os%2520cuentos%2520animados%25204%26sc%3D0-43%26sk%3D%26cvid%3D6B899BFF5BC544448C7740E559EA3CEB
https://vimeo.com/276908581

Observaremos a ficha 1 mirando ben quen vive no Planeta Terra:


Faremos a ficha 2: contaredes os elementos e pegaredes os adhesivos (están ao final do libro). Colorear as árbores e as nubes e puntear a casa

En PSICOMOTRICIDADE a profe Ana proponnos facer a seguinte actividade:
Equilibrio con xeados: para realizala tan só necesitades un rolo de papel hixiénico e unha bola ou pelota pequena e anotar o tempo que aguantades sen que a pelota caia. Podedes facer un concurso cos vosos irmáns e os vosos pais e nais.