Seguimos coa Unidade 4, coa ficha 8: pegar os adhesivos de tamaño
onde correspondan (están ao final do libro). Repasar as liñas descontinuas
primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador. Colorear ou
decorar os peixes (con puntiños, debuxos...). Pola parte de atrás da ficha
escribir nas pautas a serie numérica ata o cinco.
En PSICOMOTRICIDADE
a profe Ana proponnos facer o traslado de auga: deberedes ter dous
recipientes, un cheo de auga e o outro baleiro. Tendes que dispoñer dunha
esponxa coa que deberedes facer o traslado da auga dun recipiente a outro. Para
saber cantas veces tivestes que escorrer a esponxa, cada vez que a apretedes
deberedes poñer un garavanzo, unha faba ou calquera obxecto que vos sirva para
contar ao final as veces que a escorrestes. Esta actividade a podedes facer botando no recipiente diferentes cantidades de
auga.
Ningún comentario:
Publicar un comentario