venres, 12 de xuño de 2020

Tarefa do venres


A profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo e rematar a tarefa.



En  ANIMACIÓN Á LECTURA: a profe BEA proponnos visionar o conto “Nadarín”.  

Despois proponvos facer uns peixes que abren e pechan a boca. O primeiro que debedes facer é colorear os peixes da seguinte ficha

 Cando rematedes pedídelle a algunha persoa maior que volos recorten e axuden a pegar nunha pinza de madeira (fixarvos no modelo, a boca do peixe ten que coincidir coa parte da pinza que está pechada). Esperade a que seque o pegamento e... listo! Xa podedes xogar cos vosos peixiños (quedará parecidos aos seguintes:)

Ningún comentario:

Publicar un comentario