Hoxe empezaremos a Unidade
4: viaxando polo mundo, para iso primeiro
miraremos o conto.
Observaremos a ficha
1 mirando ben quen vive no Planeta Terra:
Faremos a ficha 2: contaredes os elementos e
pegaredes os adhesivos (están ao final do libro). Colorear as árbores e as
nubes e puntear a casa
En PSICOMOTRICIDADE a profe
Ana proponnos facer a seguinte actividade:
Equilibrio
con xeados: para realizala tan só necesitades un rolo de papel
hixiénico e unha bola ou pelota pequena e anotar o tempo que aguantades sen que
a pelota caia. Podedes facer un concurso cos vosos irmáns e os vosos pais e
nais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario