Amosando publicacións coa etiqueta English. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta English. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe toca traballar duro

Hoxe imos facer unha pequena ficha para repasar as figuras xeométricas: imos  colorear as figuras ( círculos, cadrados, triángulos e rectángulos) coas cores indicadas. Contamoscantas figuras hai de cada e escribimos o número (algúns xa a fixéchedes)



INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as cores, como xa os sabemos tentaremos cantalo e tamén e dicir de que cor son as cousas que nos rodean.



A profe Bea proponnos que vexamos o conto CARABUÑAS :

Unha vez rematado podedes inventan un novo final, facemos o monstro Carabuñas (pode facerse cun rolo de papel hixiénico e la.) Cal será o monstro máis divertido? Cal o máis terrorífico?
Que tal se agora nos conta el (ou ela) o conto de Carabuñas a nós?

mércores, 25 de marzo de 2020

A bolboreta Lita


Hoxe imos a facer unha pequena ficha sobre a primavera: é unha poesía sobre unha bolboreta. 

Algún adulto cha pode ler ( intenta memorizar algunha estrofa ou se foses capaz toda sería xenial) e terás que colorear a bolboreta   (a ver cal será é a máis bonita). Despois escribimos o nome da bolboreta LITA e intentamos debuxar nós unha bolboreta.
A ficha, como vedes é moi sinxela porque senón a podedes imprimir podedes intentar debuxala.


INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as cores.