venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe toca traballar duro

Hoxe imos facer unha pequena ficha para repasar as figuras xeométricas: imos  colorear as figuras ( círculos, cadrados, triángulos e rectángulos) coas cores indicadas. Contamoscantas figuras hai de cada e escribimos o número (algúns xa a fixéchedes)



INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as cores, como xa os sabemos tentaremos cantalo e tamén e dicir de que cor son as cousas que nos rodean.



A profe Bea proponnos que vexamos o conto CARABUÑAS :

Unha vez rematado podedes inventan un novo final, facemos o monstro Carabuñas (pode facerse cun rolo de papel hixiénico e la.) Cal será o monstro máis divertido? Cal o máis terrorífico?
Que tal se agora nos conta el (ou ela) o conto de Carabuñas a nós?

Ningún comentario:

Publicar un comentario