luns, 30 de marzo de 2020

Tarefas de hoxe


Hoxe temos dúas tarefas:

1. Xogamos a ser agricultores: 

Necesitamos 3 botes de cristal, ou de iogur baleiros,  ou vasos de plástico. Tamén necesitaredes algodón ou papel de cociña.
Nun bote imos plantar lentellas, noutro garavanzos e noutro  faba (botádelle 3 ou 4 de cada).
Metede o algodón ou o papel nos botes ( se son transparentes poderedes mirar como van crecendo), despois poñede as legumes e botádelle un pouco de auga. Deixádeo nun lugar onde lle de a claridade e tendes que mirar que estean sempre un pouco húmidos. Que vos parece se lle poñedes o nome para saber que legume é?

2. A profe María proponnos facer un circuíto :

Marcádeo no chan con xiz  ou co que queirades e recorrelos a pata coxa, de lado, cara atrás,… Cal será o máis chulo?Aquí vos deixo unhas fotos para que teñades unha idea. A ver cal vai ser a máis orixinal ou o máis difícil (recordade enviar fotos).

A profe Ángeles, de relixión, dinos se queremos facer esta ficha de colorear.



Ningún comentario:

Publicar un comentario