HISTORIA DO NOME DO NOSO COLEXIO

Por que o noso cole se chama así: Manuel Padín Truiteiro?

Este é o nome que recibe o noso colexio público de Arcade. Pero os preguntaredes quén foi Manuel Padín Truiteiro.
Manuel foi un profesor moi xoven, de 25 anos, que vivía nunha casa en Soutomaior. Daba clases de Física no colexio de " Vista Alegre" de Vigo e o seu tempo libre dedicábao xenerosamente a formar deportistas: chegou a ser entrenador nun equipo de fútbol "Club Turista", de Lavadores ( Vigo). 
Morreu nun accidente de circulación o día 10 de Abril de 1979. O autobús, no que regresaba dunha excursión por Madrid e Toledo cos seus alumnos e alumnas e dúas profesoras máis, caeu dende unha  ponte ao río Órbigo en Benavente. No autocar viaxaban 59 personas e, das 59, solamente sobreviviron 10.
Manuel Padín Truiteiro saliu con vida do autobús e a arriescou axudando a salvar a algúns nenos e nenas que  quedaran dentro do autobús. Unha das veces que baixou a por un de eles, non puido subir á superficie e foi arrastrado pola corriente, morrendo afogado.


E por iso o noso cole ten ese nome: en honor dun profesor que dou a súa vida para salvar a algúns dos seus alumnos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario