Hoxe propóñovos facer un par de actividades que son moi
sinxelas:
Une cada animal coa súa cría e colorea: De que planta é cada un?
Une e colorea:
A profe Ana proponvos xogar a camiñar a cegas, para elo temos que colocarlle ao neno (ou nena) un pano nos ollos. Logo darémoslle a man e dirémoslle que se deixen levar. A continuación iremos camiñando a paso lento, atentos aos demais sentidos. Indicádelle que se fixe nos olores, o que sente a través da súa pel, o son dos seus pasos,... Quitádelle o pano e invitádelle a relatar a súa experiencia. Logo, os papeis se intercambian e el/ela fai de guía e o/a adulto/a fai o percorrido.
A profe Aurora lle recorda aos nenos e nenas que van con ela que poden facer os exercicios que facían con ela.
|
xoves, 14 de maio de 2020
O traballo para o xoves
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario