Na ficha de hoxe tendes que colorear cada monstro da súa cor
correspondente. Escribide “MONSTRUO” e “MONSTRO". Cal deles
vos gusta máis?, inventádelle un nome e escribilo.
A profe Ana proponvos realizar o Circuíto da selva: van a realizar un circuíto e para iso dirémoslles que van a ser exploradores e que
van a ir pola selva. Comezarán enriba dun sofá, de xeonllos, e explicarémoslles
que é unha ponte colgante e que por iso teñen que pasar con coidado, ademais
levarán un obxecto na cabeza para que lles resulte máis complicado e vaian máis
lento. Despois terán que cruzar o río pasando por enriba dunhas pedras ( que
serán folios, papeis, esparcidos polo
chan sobre os que terán que saltar os nenos). Por último pasarán a gatas ou
reptando por debaixo dun túnel formado por cadeiras.
A profe Aurora recordaos que, os que vaiades con ela, podedes facer os exercicios que fagades con ela:
Ningún comentario:
Publicar un comentario