As tarefas do luns
Para facer a ficha de hoxe tendes que seguir unha orde: colorear as secuencias, recortalas polos recuadros e ordenalos e pegalos seguindo a orden dende que plantamos as sementes
ata que recollemos as flores (pensade en cando plantáchedes os vosos legumes).
A profe Ana proponvos que pintedes
con bastoncillos: imos
proporcionarlle aos nenos e nenas un debuxo (pode escoller entre os que están máis abaixo ou calquera outro debuxo), un bastoncillo e cores. Os nenos deberán de
utilizar o bastoncillo para repasar o debuxo.
Despois
podemos dicirlle que poden realizar un debuxo libre co bastoncillo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario