Hoxe propoñémosvos comer unhas ricas brochetas de froitas. Nela traballaremos as cores, as formas, o razoamento lóxico e, por suposto, a alimentación saudable e é unha boa actividade da vida práctica. Como o imos a facer? primeiro lavade as froitas e despois, con axuda dun adulto, cortádea coas formas xeométricas básicas (círculos, traiángulos e cadrados) e seguiremos as plantillas das fotos para realizar a serie: as de cores con froitas desas cores e as de negro escolledes vos a froita que queirades, sempre respectando a forma indicada.
A profe Ana proponvos realizar a actividade Cor-cor, para xogar o papá ou mamá deberá dicir unha cor e o neno ou a nena terán que buscar un obxecto, roupa,... desa cor e tocala. Dirémoslles que vaian cambiando a forma de desprazarse cada vez que dicimos unha cor e se teñen que achegar ao obxecto, puidendo ir andando, á pata coxa, de puntillas, cara atrás, saltando, gateando, reptando,...
Ningún comentario:
Publicar un comentario