Hoxe temos que colorear tantas figuras como nos indica a
ficha e na cor indicada, para non equivocarnos primeiro podemos repasar con rotulador
tantas figuras como as que temos que colorear.
A profe Ana proponnos xogar ao Salón de
peiteado: os nenos e as nenas deberán realizar nun folio un debuxo cunha cara
e coloreala e decorala libremente (se queredes podedes empregar a cara que fixéchedes o martes). Unha vez feito darémoslles un folio con
trazos verticais debuxados para que eles vaian recortando e formando o pelo do
boneco. Unha vez rematada esta actividade imos pegala á cabeza do boneco e
converteranse en perruqueiros realizando o look que máis lles apeteza.
A profe Aurora invítavos a que fagades as rutinas que facedes con ela:
Ningún comentario:
Publicar un comentario