mércores, 22 de abril de 2020

RETOS DENDE A BIBLIOTECA:

Como sabedes, mañán é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo dende a Biblioteca do noso cole nos envían esta nota:

23 de abril, Día do Libro
Tomar un libro nas nosas mans sempre é unha agradable maneira de pasar o tempo. Con el podemos esquecer os nosos problemas por un tempo, soñar, evadirnos, vivir novas aventuras, aprender, emocionarnos...
Este ano celebramos o Día do libro nunhas circunstancias moi especiais, pero seguro que, precisamente por iso, os libros foron nestes días uns dos nosos mellores amigos.
Por iso, dende a Biblioteca queremos proporvos hoxe unha serie de retos cos que podedes conmemorar esta data. Aí van:
RETO 1:
Crear unha breve historia a partir dos títulos dalgúns libros que teñades pola casa.
Deixade voar a vosa imaxinación e poderedes crear calquera historia. A temática é totalmente libre.
Deixámosvos a continuación un sinxelo exemplo creado pola mestra Esther (podedes velo nesta dirección: https://bibliopadin.blogspot.com/)
RETO 2:
Lendo en familia.
Envíanos unha foto destes días na que ti ou a túa familia aparezades lendo. Pode ser un libro, o periódico, unha revista ... o que queirades.

Animádevos a participar e enviádenos os vosos retos ao correo do cole ceip.manuelpadin.truiteiro@edu.xunta.gal indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso. Iremos colgando no blog da biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as vosas achegas.
Feliz Día do Libro!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario