xoves, 30 de abril de 2020

Tarefa do xoves

Hoxe temos que colorear tantas figuras como nos indica a ficha e na cor indicada, para non equivocarnos primeiro podemos repasar con rotulador tantas figuras como as que temos que colorear.


A profe Ana proponnos xogar ao Salón de peiteado: os nenos e as nenas deberán realizar nun folio un debuxo cunha cara e coloreala e decorala libremente (se queredes podedes empregar a cara que fixéchedes o martes). Unha vez feito darémoslles un folio con trazos verticais debuxados para que eles vaian recortando e formando o pelo do boneco. Unha vez rematada esta actividade imos pegala á cabeza do boneco e converteranse en perruqueiros realizando o look que máis lles apeteza.

A profe Aurora invítavos a que fagades as rutinas que facedes con ela:




mércores, 29 de abril de 2020

O traballo para hoxe mércores

Nesta ficha temos que colorear uns ovos nunha cesta pero para iso temos que seguir os códigos que non indican os números: seredes capaz de facelo? 


En INGLÉS: a profe Esther invítanos a ver uns vídeos atentamente e a repasar o vocabulario sobre a primavera:







martes, 28 de abril de 2020

Tarefas do martes

Na ficha de hoxe temos que completar as caras e escribir os nomes das partes en castelán e en galego (cejas/cellas, ojos/ollos, nariz/nariz, boca/boca). Que temos a cada lado da cara? e na parte superior da cabeza? Escribir os nomes nas dúas linguas (orejas/orellas/, pelo/pelo). Cantas nenas hai e cantos nenos?, cantos son en total? Escribir os números. Colorear. Debuxar a súa cara. 

En INFORMÁTICA a profe Bea suxírevos xogar a completar as caras no xogo “Paca la Vaca”:


E tamén xogar Xogos de Menta ( o primeiro trimestre):





luns, 27 de abril de 2020

Tarefas do luns

Hoxe propoñémosvos comer unhas ricas brochetas de froitas. Nela traballaremos as cores, as formas, o razoamento lóxico e, por suposto, a alimentación saudable e  é unha boa actividade da vida práctica. Como o imos a facer? primeiro lavade as froitas e despois, con axuda dun adulto, cortádea coas formas xeométricas básicas (círculos, traiángulos e cadrados) e seguiremos as plantillas das fotos para realizar a serie: as de cores con froitas desas cores e as de negro escolledes vos a froita que queirades, sempre respectando a forma indicada.



A profe Ana proponvos realizar a actividade Cor-cor, para xogar o papá ou mamá deberá dicir unha cor e o neno ou a nena terán que buscar un obxecto, roupa,... desa cor e tocala. Dirémoslles que vaian cambiando a forma de desprazarse cada vez que dicimos unha cor e se teñen que achegar ao obxecto, puidendo ir andando, á pata coxa, de puntillas, cara atrás, saltando, gateando, reptando,...

sábado, 25 de abril de 2020

Pequenos consellos para mañán

Aínda que mañán os nenos e nenas poden empezara  saír a dar un pequeno paseo pode que non todos reaccionen ben: uns estarán ansiosos por saír, outros querrán saír pero sentirán medo, aquí tendes uns pequenos consellos (e sobre todo calma e paciencia):



venres, 24 de abril de 2020

Tarefas do venres

A teacher Esther fíxonos outro vídeo para recordar o vocabulario da primavera:



A profe BEA proponnos visionar o conto “¿Puedo contarte un secreto?” 

Despois saltamos como as ras, a ver quen salta máis alto e máis lonxe. Agora tócavos a vós contalo, a ver quen o fai mellor.

xoves, 23 de abril de 2020

Os traballos de hoxe: DÍA DO LIBRO

As rutinas de Violeta (moi ben correxido o 6) e o teu debuxo xenial ( como che creceu o pelo). Un bico




 Que marcapáxinas máis chulo! É PRECIOSO!

A profe Ana vai quedar toda contenta cando vexa que relaxada estás! ☺


Ana tamén se relaxou moito!


Aí poden estar case todos os nomes dos teus compañeiros e compañeiras.

Eses marcapáxinas son dignos dunha raíña!

SON PRECIOSOS!


 Ana celebrou o Día do libro da mellor maneira: lendo.


 E agora temos todos os pasos

 do marcapáxinas tan chulo

 que fixo Lucía.


 Quedou PRECIOSO Lucía!

E agora o OVO SALTARÍN!

E agora toca relaxarse.

 e o debuxo.



Miguel fai as súas rutinas. 


E agora está a facer o seu marcapáxinas 

que quedou así de PRECIOSO. 

E, agora, toca a celebrar o Día do Libro. 

Miguel vainos explicar un experimento que fixo:

Nun prato sopeiro puxo un pouco de leite.

 Puxo unhas gotiñas de cada cor de colorante, sen mezclar.

Agora lle botamos unha gota de Fairy no centro 

e seguimos experimentando.


Paula que marcapáxinas máis chulos fixestes. 


Son PRECIOSOS!



Que concentrado estás Daniel. 

Que orixinal é o teu marcapáxinas, é PRECIOSO!

E agora o ovo saltarín de Daniel




Que foto máis bonita: un marcapáxinas PRECIOSO e unha sonrisa moito máis bonita! 

Outro bico moi grande para ti! 



Antón tamén fixo o experimento e a ficha.


Outro experimento de Miguel:

Miguel fixo un círculo con lacasitos 

E lle bota un pouquiño de auga no centro, e agora esperamos. 

Mirade que chulo quedou! 

E agora Miguel segue investigando.