venres, 8 de maio de 2020
xoves, 7 de maio de 2020
O traballo do xoves
Na ficha de hoxe tendes que colorear cada monstro da súa cor correspondente. Escribide “MONSTRUO” e “MONSTRO". Cal deles vos gusta máis?, inventádelle un nome e escribilo.
A profe Ana proponvos realizar o Circuíto da selva: van a realizar un circuíto e para iso dirémoslles que van a ser exploradores e que
van a ir pola selva. Comezarán enriba dun sofá, de xeonllos, e explicarémoslles
que é unha ponte colgante e que por iso teñen que pasar con coidado, ademais
levarán un obxecto na cabeza para que lles resulte máis complicado e vaian máis
lento. Despois terán que cruzar o río pasando por enriba dunhas pedras ( que
serán folios, papeis, esparcidos polo
chan sobre os que terán que saltar os nenos). Por último pasarán a gatas ou
reptando por debaixo dun túnel formado por cadeiras.
mércores, 6 de maio de 2020
As tarefas de hoxe mércores
Na ficha de hoxe tendes que colorear as flores que están na mesma posición que a do modelo. Cantas son as que están na mesma posición, cantas están nunha posición diferente e cantas hai en total? Contalas, e, se queredes podedes escribir o número. Escribide a palabra “FLORES”.
A profe Esther
suxírenos ver o vídeo “Monkey tells a story” e facer a ficha
que vos explica. Esta tarefa podedes distribuila nas dúas sesións da semana ou como vós consideredes.
martes, 5 de maio de 2020
As tarefas do martes
Hoxe contaremos e colorearemos os obxectos que hai e despois repasaremos os números (como sempre: dedo, lapis, rotulador)
En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos que xoguedes con xogos de Menta co segundo trimestre.
luns, 4 de maio de 2020
As tarefas do luns
Para facer a ficha de hoxe tendes que seguir unha orde: colorear as secuencias, recortalas polos recuadros e ordenalos e pegalos seguindo a orden dende que plantamos as sementes ata que recollemos as flores (pensade en cando plantáchedes os vosos legumes).
A profe Ana proponvos que pintedes con bastoncillos: imos proporcionarlle aos nenos e nenas un debuxo (pode escoller entre os que están máis abaixo ou calquera outro debuxo), un bastoncillo e cores. Os nenos deberán de utilizar o bastoncillo para repasar o debuxo.
Despois podemos dicirlle que poden realizar un debuxo libre co bastoncillo.
venres, 1 de maio de 2020
Un contacontos para celebrar o mes de Maio
Aínda que hoxe é festivo a profe Bea vai a contaros un conto:
O conto titúlase "El terrible monstruo peludo" e di, que si queredes, podedes debuxar os vosos medos.
E o mes de MAIO, que comeza hoxe:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)












