venres, 8 de maio de 2020

Tarefas do venres

A teacher Esther suxírenos volver a ver o vídeo e rematar a ficha:

Hoxe tendes unha sorpresa: a profe Olalla vaivos contar o conto da“A casa da Mosca Chosca" e a profe Bea proponvos inventar un novo final e debuxalo.




xoves, 7 de maio de 2020

O traballo do xoves

Na ficha de hoxe tendes que colorear cada monstro da súa cor correspondente. Escribide “MONSTRUO” e “MONSTRO". Cal deles vos gusta máis?, inventádelle un nome e escribilo.

A profe Ana proponvos realizar o Circuíto da selva: van a realizar un circuíto e para iso  dirémoslles que van a ser exploradores e que van a ir pola selva. Comezarán enriba dun sofá, de xeonllos, e explicarémoslles que é unha ponte colgante e que por iso teñen que pasar con coidado, ademais levarán un obxecto na cabeza para que lles resulte máis complicado e vaian máis lento. Despois terán que cruzar o río pasando por enriba dunhas pedras ( que serán folios, papeis,  esparcidos polo chan sobre os que terán que saltar os nenos). Por último pasarán a gatas ou reptando por debaixo dun túnel formado por cadeiras.

A profe Aurora recordaos que, os que vaiades con ela, podedes facer os exercicios que fagades con ela:



mércores, 6 de maio de 2020

As tarefas de hoxe mércores

Na ficha de hoxe tendes que colorear as flores que están na mesma posición que a do modelo. Cantas son as que están na mesma posición,  cantas están nunha posición diferente e cantas hai en total? Contalas, e, se queredes podedes escribir o número. Escribide a palabra “FLORES”.

A profe Esther suxírenos ver o vídeo “Monkey tells a story” e facer a ficha que vos explica. Esta tarefa podedes distribuila nas dúas sesións da semana ou como vós consideredes.



martes, 5 de maio de 2020

As tarefas do martes

Hoxe contaremos e colorearemos os obxectos que hai e despois repasaremos os números (como sempre: dedo, lapis, rotulador)

 

En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos que xoguedes con xogos de Menta co  segundo trimestre.



luns, 4 de maio de 2020

As tarefas do luns


Para facer a ficha de hoxe tendes que seguir unha orde: colorear as secuencias, recortalas polos recuadros e ordenalos e pegalos seguindo a orden dende que  plantamos as sementes ata que recollemos as flores (pensade en cando plantáchedes os vosos legumes).

A profe Ana proponvos que pintedes con bastoncillos: imos proporcionarlle aos nenos e nenas un debuxo (pode escoller entre os que están máis abaixo ou calquera outro debuxo), un bastoncillo e cores. Os nenos deberán de utilizar o bastoncillo para repasar o debuxo.




Despois podemos dicirlle que poden realizar un debuxo libre co bastoncillo.


venres, 1 de maio de 2020

Recordamos os maios

Como este ano non puidemos celebrar o maio, na nosa web puxemos a do ano 2018:


Un contacontos para celebrar o mes de Maio

Aínda que hoxe é festivo a profe Bea vai a contaros un conto:

O conto titúlase "El terrible monstruo peludo" e di, que si queredes, podedes debuxar os vosos medos.

E o mes de MAIO, que comeza hoxe: