mércores, 8 de setembro de 2021

TODO PREPARADO PARA COMEZAR:

 Un ano máis estamos preparadas e preparados para comezar un novo curso, co nerviosismo típico dos primeiros días, as novidades polo novo alumnado ( e este por coñecer a súa mestra), a distribución da aula ( a que sempre se lle da mil voltas e nunca se está conforme), e mil cousas máis, pero... XA ESTAMOS PREPARADOS PARA EMPEZAR.

Vouvos mostrar brevemente a nosa aula:


Aí faremos as rutinas: pasar lista, contar cantos somos na clase e cantos na casa, mirar o tempo que vai, o calendario (día da semana, mes, estación,...), como nos atopamos,...

Estes van ser, en principio, os nosos recunchos:


RECUNCHO DA BIBLIOTECA 


RECUNCHO DA CASIÑA


RECUNCHO DAS CONSTRUCIÓNS


RECUNCHO DA GRANXA ( tamén están os coches)


RECUNCHO DA PLÁSTICA


Ningún comentario:

Publicar un comentario