Os encargados deste curso
Os encargados son os protagonistas do día porque pasan lista, teñen que contar cantos estamos en clase, cantos na casa, conta tamén o número de nenas e de nenos que hai na clase, mira o tempo meteorolóxico, cando rematamos na asemblea el se debuxa na pizarra blanca que temos, busca as letras do seu nome e despois o escribe... reparte as gabetas das ceras e dos rotuladores, é o primeiro da clase en saír ao recreo,... como vedes fai un montón de funcións.
A través do seu propio debuxo podemos ver a súa evolución e o que van aprendendo, por iso ides poder ver o seu desenvolvemento e veredes a diferencia entre o principio e o final de curso (esperemos).
Aquí tendes os seus debuxos ( agás o do primeiro día que foi un pouco especial):
Ningún comentario:
Publicar un comentario