martes, 31 de marzo de 2020
As tarefas de hoxe
luns, 30 de marzo de 2020
Tarefas de hoxe
Hoxe temos dúas tarefas:
1. Xogamos a ser agricultores:
Necesitamos 3 botes de cristal, ou de iogur baleiros, ou vasos de plástico. Tamén necesitaredes
algodón ou papel de cociña.
Nun bote
imos plantar lentellas, noutro garavanzos e noutro faba (botádelle 3 ou 4 de cada).
Metede o
algodón ou o papel nos botes ( se son transparentes poderedes mirar como van
crecendo), despois poñede as legumes e botádelle un pouco de auga. Deixádeo nun
lugar onde lle de a claridade e tendes que mirar que estean sempre un pouco
húmidos. Que vos parece se lle poñedes o nome para saber que legume é?
2. A profe María proponnos facer un circuíto :
Marcádeo no chan con xiz ou co que queirades
e recorrelos a pata coxa, de lado, cara atrás,… Cal será o máis chulo?Aquí vos deixo unhas fotos para que teñades unha idea. A ver cal vai ser a máis orixinal ou o máis difícil (recordade enviar fotos).
A profe
Ángeles, de relixión, dinos se queremos facer esta ficha de colorear.
venres, 27 de marzo de 2020
Día do TEATRO
A orientadora Ruth recórdanos que hoxe é o día do testro e que hai unha páxina onde se poden ver as obras online , o enlace é: http://teatroteca.teatro.es/opac/#indice
Poderes escoller o tipo de obras que queredes ver. Disfrutádeo
Hoxe toca traballar duro
Hoxe imos facer unha pequena ficha para repasar as figuras xeométricas: imos colorear as figuras ( círculos, cadrados, triángulos e rectángulos) coas cores indicadas. Contamoscantas figuras hai de cada e escribimos o número (algúns xa a fixéchedes)
INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as
cores, como xa os sabemos tentaremos cantalo e tamén e dicir de que cor son as
cousas que nos rodean.
A profe Bea proponnos que vexamos o conto CARABUÑAS :
Unha vez rematado podedes inventan un novo final, facemos o monstro Carabuñas (pode facerse cun
rolo de papel hixiénico e la.) Cal será o monstro máis divertido? Cal o máis terrorífico?
Que tal se
agora nos conta el (ou ela) o conto de Carabuñas a nós?
xoves, 26 de marzo de 2020
Voltamos coa psicomotricidade
A profe María proponnos que xoguemos aos bolos coas botellas e cunha pelota que teñamos na casa.
Para elo imos elaborar os materiais empregar na sesión de psicomotricidade: colorear con témpera, con rotuladores permanentes ou pegándolle papeliños ( o que teñades) a distintas botellas de plástico ou envases dos iogures bebibles. Cales serán os bolos máis creativos?
Quen ten máis puntería? Practicádea.
mércores, 25 de marzo de 2020
Votamos de menos a nosa aula
Como votamos de menos o noso cole e a nosa aula, e por suposto, as nosas compañeiras e compañeiros, imos poñer unhas fotos do bonita que está a entrada e como non das MARABILLOSAS VIDRIEIRAS QUE FIXEMOS:
A bolboreta Lita
Hoxe imos a facer unha pequena ficha sobre a primavera: é unha poesía sobre unha bolboreta.
Algún adulto cha pode ler ( intenta memorizar algunha estrofa ou se foses capaz
toda sería xenial) e terás que colorear a bolboreta (a ver cal será é a máis bonita). Despois
escribimos o nome da bolboreta LITA e intentamos debuxar nós unha bolboreta.
A ficha,
como vedes é moi sinxela porque senón a podedes imprimir podedes intentar
debuxala.
INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as
cores.
martes, 24 de marzo de 2020
Hoxe facemos o catro
Hoxe a nosa tarefa é colorear as xoaniñas de vermello e o número catro de rosa.
Repasamos os
números catro e os escribimos na liña marcada. Por detrás podedes facer
conxuntos de catro elementos. Como sempre se non a podedes imprimir debuxádea
(e se queredes podedes debuxar flores en vez de xoaniñas, como vexades).
luns, 23 de marzo de 2020
Os escudos dos nosos apelidos
Os escudos xa están rematados e quedaron preciosos, pero antes de velos dámoslle as grazas a profe María que fixo un marabilloso traballo:
Música: CARLOS NÚÑEZ. Alborada Anterga de Pontevedra, Mayo Longo.
domingo, 22 de marzo de 2020
Novas vías de comunicación
Mañá ides recibir unha mensaxe polo Abalar na que vos dou o meu correo electrónico e vos pido que vos poñades en contacto conmigo para darme o voso. As tarefas recibirédelas tamén no correo ( penso que é mellor que vos mande o planning semanal para que as adaptedes como queirades) e podedes preguntar calquera dúbida que vos surxa e mandar fotos e imaxes do que están a facer os nenos e nenas (algunha das cales as subirei ao blogue).
Tamén vos enviarei un documento no que vos explico as rutinas que poderedes seguir ( como sabedes o estado de alarma se ampliou polo que non sabemos cando rematará) e unha serie de actividades, xogos e páxinas nas que podedes ver contos, cancións,... por se o precisades e para que vos axuden.
A continuación vos deixo as primeiras páxinas nas que vos explica as rutinas:
sábado, 21 de marzo de 2020
mércores, 18 de marzo de 2020
Hoxe toca música
Para cambiar un pouco de actividade hoxe cantaremos e bailaremos os "CANTAJUEGOS" que tanto nos gustan. Recordade deixar un pouco de espazo entre vós (como facemos na clase) se o facedes cos vosos irmáns ou incluso se se anima algún maior, ensinádelle como facemos na clase:
luns, 16 de marzo de 2020
domingo, 15 de marzo de 2020
domingo, 8 de marzo de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)