mércores, 25 de maio de 2016

Guau

Como nesta unidade, ademais de traballar a India, estamos traballando os animais aquí tendes uns debuxos sobre eles.


martes, 24 de maio de 2016

Os nosos animais

Coa chegada da primavera todo o campo énchese de plantas, de flores, de animais,... e para celebralo ademáis de plantar o noso xardín particular fixemos no recuncho da plástica uns animais preciosos:





luns, 23 de maio de 2016

Mirade como celebramos o Día das Letras Galegas

Aínda que un pouco tarde pero aquí podedes ver que ben o pasamos o Día das Letras Galegas e unha das cancións que cantamos e bailamos ( a letra é un poema de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano) 




mércores, 18 de maio de 2016

xoves, 12 de maio de 2016

Seguimos xogando


Poema de Manuel María: O ARCO DA VELLA

O ARCO DA VELLA
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
 
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
 beleza de flores.

 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!


 Manuel María: «Os soños na gaiola»

mércores, 11 de maio de 2016

Xogamos con Manuel María

Xa que o pasamos tan ben xogando con Manuel María aquí volo deixo para que sigades xogando.


Poema de Manuel maría: O MEU BURRIÑO

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLA¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

¡Corre meu burriño,
non gallopes, voa!
¡A ver se lle ganas
ao vento que zoa!

¡Arre meu burriño,
non seas perguiceiro!
¡A ver se lle ganas
ao vento lixeiro...!

¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás
! ¡Se queres, ao vento
deixarás atrás...!

¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa...!


Manuel María: «Os soños na gaiola»

Unha pequena biografía de Manuel María


martes, 10 de maio de 2016

Coñecemos máis sobre a India


A India


Poema de Manuel María: O SOL

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLAO sol chámase Lourenzo
e é un señor moi finchado
que está no outo do ceio
todo o día relumbrando.

Vai vestido de marelo,
leva chaleque encarnado.
Moi seguro de se mesmo
o seu calor nos vai dando.

O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi señalado.
¡Si non fora polo sol
estaría o mundo xeado!

Soio o sol manda no ceio,
moi solemne, moi barbado.
¡As súas barbas son os raios
con que nos vai alumando!

Manuel María: «Os soños na gaiola»

luns, 9 de maio de 2016

Empezamos a saber máis cousas da India

Como sabedes esta semana empezaremos a coñecer un país moi interesante: 

A INDIA


Poema de Manuel María: GALICIA

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLAGalicia docemente
está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!

 Ten portos, mariñeiros,
 cidades e labregos
 ¡cargados de traballos,
 cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
 velliña, soñadora:
 ¡na voz da gaita rise,
 na voz da gaita chora!

 Galicia é o que vemos:
 a terra, o mar, o vento.
 ¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
 a xente e máis a fala.
¡Se buscas a Galicia
 en ti tes que atopala!


Manuel María: «Os soños na gaiola»