venres, 19 de xuño de 2020

Tarefa do derradeiro día de curso


Hoxe remata o curso e comezan as vacacións de verán, como non podemos estar no cole... que vos parece se facedes un debuxo de como vos imaxinades que sería este día de estar na escola? Douvos unha pista: faríamos unha Feira Medieval.



En INGLÉS: a profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo de despedida: Bye bye


En  ANIMACIÓN Á LECTURA: a profe BEA proponvos visionar o vídeo do conto “La estrella de Topo” e despois facer un debuxo do ceo nocturno.


E para despedir o curso eu tamén vos fixen un vídeo do que fixemos ao longo do curso, QUÉROVOS MOITO E VOLTAREMOS O CURSO QUE VEN:
MÚSICA: mamá cabra

xoves, 18 de xuño de 2020

Tarefa do xoves


Na ficha 11 imos distinguir un-varios cos adhesivos pegar os adhesivos (un-varios). Colorear ou decorar os globos coa cor do seu contorno. Escribir pingüino (castelán) e pingüín (galego).




PSICOMOTRICIDADE: a profe Ana proponnos facer: globotenis. Para poder realizala só necesitades uns depresores, uns pratos de cartón e un globo. Unha vez teñades o  material preparado comeza o xogo. Podedes xogar de forma individual, dándolle “raquetazos” á pelota sen que caia e contando as veces que lle dades; ou facelo con parella, é dicir,  xogando ao tenis co voso pai ou nai, irmáns, avós….intentado dar o máximo número posible de toques.


mércores, 17 de xuño de 2020

Tarefa do mércores


Nesta ficha  10 contar as árbores que hai a cada lado do río e pegar os adhesivos que correspondan. Colorear o grupo de cinco árbores e puntear o grupo de catro. Cortar os adhesivos azuis e pegalos no río para enchelo. Repasar as grafías dos números 4 e 5 (primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador).



A profe Esther invítanos a ver o seguinte vídeo e a facer a tarefa que vos indica, o título é Happy Birthday"

martes, 16 de xuño de 2020

Tarefa do martes


Na ficha 9 de hoxe temos que observar a cor dos tres animais. Repasar as liñas descontinuas das caracolas coa cor do seu contorno e ler a serie. Cantas caracolas hai de cor marrón e de cor rosa?, escribir o número. Repasar as palabras ANÉMONA, PEZ E CORAL e escribilas.




En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar co Lim do verán (a actividade 33 non a deixa facer)
http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/VERAN/verano.html

luns, 15 de xuño de 2020

Tarefa do derradeiro luns do curso


Seguimos coa Unidade 4, coa  ficha 8:  pegar os adhesivos de tamaño onde correspondan (están ao final do libro). Repasar as liñas descontinuas primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador. Colorear ou decorar os peixes (con puntiños, debuxos...). Pola parte de atrás da ficha escribir nas pautas a serie numérica ata o cinco.



En PSICOMOTRICIDADE a profe Ana proponnos facer o  traslado de auga: deberedes ter dous recipientes, un cheo de auga e o outro baleiro. Tendes que dispoñer dunha esponxa coa que deberedes facer o traslado da auga dun recipiente a outro. Para saber cantas veces tivestes que escorrer a esponxa, cada vez que a apretedes deberedes poñer un garavanzo, unha faba ou calquera obxecto que vos sirva para contar ao final as veces que a escorrestes. Esta actividade a podedes facer  botando no recipiente diferentes cantidades de auga.

Tarefa da última semana