xoves, 23 de abril de 2020

Tarefa para o xoves: DÍA DO LIBRO

Para celebrar O DÍA DO LIBRO a profe Bea máis eu ímosvos propoñer que fagades un marcapáxinas.  Aquí tendes unhas fotografías de algúns modelos pero seguro que os vosos son máis chulos, intentádeo:




A profe Ana proponvos facer unha actividade de relaxación: escoitade a seginte música relaxante nun ambiente tranquilo, deitado boca arriba intentando prestar atención ós sons da natureza. Unha vez rematada esta actividade preguntarémoslles qué sons lembra: fenómenos meteorolóxicos, animais....

Esta é unha actividade recomendada para facer unha vez remate o día, antes de irse para a cama. Tamén podemos facela pola mañá ou pola tarde e pedirlle ós nenos que nos fagan un debuxo do que lle transmitiu esa música.

mércores, 22 de abril de 2020

RETOS DENDE A BIBLIOTECA:

Como sabedes, mañán é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo dende a Biblioteca do noso cole nos envían esta nota:

23 de abril, Día do Libro
Tomar un libro nas nosas mans sempre é unha agradable maneira de pasar o tempo. Con el podemos esquecer os nosos problemas por un tempo, soñar, evadirnos, vivir novas aventuras, aprender, emocionarnos...
Este ano celebramos o Día do libro nunhas circunstancias moi especiais, pero seguro que, precisamente por iso, os libros foron nestes días uns dos nosos mellores amigos.
Por iso, dende a Biblioteca queremos proporvos hoxe unha serie de retos cos que podedes conmemorar esta data. Aí van:
RETO 1:
Crear unha breve historia a partir dos títulos dalgúns libros que teñades pola casa.
Deixade voar a vosa imaxinación e poderedes crear calquera historia. A temática é totalmente libre.
Deixámosvos a continuación un sinxelo exemplo creado pola mestra Esther (podedes velo nesta dirección: https://bibliopadin.blogspot.com/)
RETO 2:
Lendo en familia.
Envíanos unha foto destes días na que ti ou a túa familia aparezades lendo. Pode ser un libro, o periódico, unha revista ... o que queirades.

Animádevos a participar e enviádenos os vosos retos ao correo do cole ceip.manuelpadin.truiteiro@edu.xunta.gal indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e curso. Iremos colgando no blog da biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as vosas achegas.
Feliz Día do Libro!!


Traballos para o mércores

Na ficha temos que levar a princesa ata a ra, para iso repasamos os trazos e coloreamos as figuras. Escribe os nomes en galego e en castelán.

Por detrás debuxamos un castelo ( podemos escribir o nome?)


A teacher Esther invítanos a ver o seguinte vídeo e a debuxar a ficha da que nos fala:




martes, 21 de abril de 2020

Tarefa para o martes

Hoxe temos unha ficha na que cada animal terá que ir a xunto dos seus compañeiros, para eso buscaremos papeis vellos de dúas cores (ou podedes pintalos) e os rasgaredes , recordade como os facíamos na clase:

Despois pegaremos os papeis no camiño do coello e os doutra cor no camiño da formiga. Copiamos o nome dos animais e os contamos ( poñendo o número ao lado).


En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar a este divertido xogo da ra:




luns, 20 de abril de 2020

Traballo para hoxe luns

Hoxe temos dúas tarefas moi divertidas: por unha parte imos facer un OVO SALTARÍN ,os pasos a seguir son:












En PSICOMOTRICIDADE a profe Ana proponnos a realización dun circuíto con rolos de papel hixiénico. Imos colocar varios rolos de papel hixiénico ó longo do corredor ou nalgunha estancia da casa. Comezamos boca abaixo no chan debaixo dunha cadeira, reptaredes como unha serpe  e despois de pé.  A continuación atoparás dous rolos de papel hixiénico colocados un ó lado do outro, e terás que saltalos. Atención veñen curvas: atoparás cunha fila de rolos que terás que ir facendo zigzag. Ó final do circuíto colocaremos un par de zapatos uns a continuación dos outros para que o neno salte. Primeiro o recorrerán camiñando, logo saltando, correndo en zigzag e a pata coxa. PASÁDEO BEN!


venres, 17 de abril de 2020

SORPRESA

A profe Bea mándavos este vídeo:


Tarefa do venres

A TAREFA de hoxe é que na seguinte ficha contamos cantos obxectos hai en cada conxunto e o unimos co número. Repasamos por dentro os números e escribimos dúas ou tres palabras (as que máis nos gusten).

A profe María para despedirse de nós envíanos o conto dun BECHO ESTRAÑO:

A ver quen é capaz de facer o becho máis estraño: con plastilina, con rolos de papel, debuxándoo,... como queirades. Tamén lle podedes poñer un nome.

Tamén a teacher ESTHER vos recorda que volvades a ver o vídeo, a ver quen o logra aprender: