xoves, 23 de abril de 2020
mércores, 22 de abril de 2020
RETOS DENDE A BIBLIOTECA:
Como sabedes, mañán é o DÍA DO LIBRO e, para celebralo dende a Biblioteca do noso cole nos envían esta nota:
23 de abril, Día do Libro
Tomar un libro nas nosas
mans sempre é unha agradable maneira de pasar o tempo. Con el podemos esquecer
os nosos problemas por un tempo, soñar, evadirnos, vivir novas aventuras,
aprender, emocionarnos...
Este ano celebramos o Día
do libro nunhas circunstancias moi especiais, pero seguro que, precisamente por
iso, os libros foron nestes días uns dos nosos mellores amigos.
Por iso, dende a
Biblioteca queremos proporvos hoxe unha serie de retos cos que podedes
conmemorar esta data. Aí van:
RETO 1:
Crear unha breve historia a
partir dos títulos dalgúns libros que teñades pola casa.
Deixade voar a vosa
imaxinación e poderedes crear calquera historia. A temática é totalmente libre.
Deixámosvos a continuación
un sinxelo exemplo creado pola mestra Esther (podedes velo nesta dirección: https://bibliopadin.blogspot.com/)
RETO 2:
Lendo en familia.
Envíanos unha foto destes
días na que ti ou a túa familia aparezades lendo. Pode ser un libro, o
periódico, unha revista ... o que queirades.
Animádevos a participar e
enviádenos os vosos retos ao correo do cole ceip.manuelpadin.truiteiro@edu.xunta.gal
indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e
curso. Iremos colgando no blog da biblioteca as propostas recibidas.
Esperamos impacientes as
vosas achegas.
Feliz Día do Libro!!
Traballos para o mércores
Na ficha temos que levar a princesa ata a ra, para iso repasamos os trazos e coloreamos as figuras. Escribe os nomes en galego e en castelán.
Por detrás debuxamos un castelo ( podemos escribir o nome?)
A teacher Esther invítanos a ver o seguinte vídeo e a debuxar a ficha da que nos fala:
martes, 21 de abril de 2020
Tarefa para o martes
Hoxe temos unha ficha na que cada animal terá que ir a xunto dos seus compañeiros, para eso buscaremos papeis vellos de dúas cores (ou podedes pintalos) e os rasgaredes , recordade como os facíamos na clase:
Despois pegaremos os papeis no camiño do coello e os doutra cor no camiño da formiga. Copiamos o nome dos animais e os contamos ( poñendo o número ao lado).
En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar
a este divertido xogo da ra:
luns, 20 de abril de 2020
Traballo para hoxe luns
Hoxe temos dúas tarefas moi divertidas: por unha parte imos facer un OVO SALTARÍN ,os pasos a seguir son:
En PSICOMOTRICIDADE a profe Ana proponnos a realización dun circuíto
con rolos de papel hixiénico. Imos colocar varios rolos de papel hixiénico ó
longo do corredor ou nalgunha estancia da casa. Comezamos boca abaixo no chan
debaixo dunha cadeira, reptaredes como unha serpe e despois de pé. A continuación atoparás dous rolos de papel hixiénico colocados un ó
lado do outro, e terás que saltalos. Atención veñen curvas: atoparás cunha fila de rolos que terás que ir facendo zigzag. Ó final do circuíto colocaremos un par de zapatos uns a
continuación dos outros para que o neno salte. Primeiro o recorrerán camiñando,
logo saltando, correndo en zigzag e a pata coxa. PASÁDEO BEN!
venres, 17 de abril de 2020
Tarefa do venres
A TAREFA de hoxe é que na seguinte ficha contamos cantos obxectos hai en cada conxunto e o unimos
co número. Repasamos por dentro os números e escribimos dúas ou tres palabras
(as que máis nos gusten).
A profe María para despedirse de nós envíanos o conto dun BECHO ESTRAÑO:
A ver quen é capaz de facer o becho máis estraño: con plastilina, con rolos de papel, debuxándoo,... como queirades. Tamén lle podedes poñer un nome.
Tamén a teacher ESTHER vos recorda que volvades a ver o vídeo, a ver quen o logra aprender:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















