luns, 18 de maio de 2020
venres, 15 de maio de 2020
As tarefas do venres
En INGLÉS: a profe Esther pídevos que
rematedes a actividade que empezáchedes
o martes.
En
ANIMACIÓN Á LECTURA: : a profe Bea proponvos escoitar a
audición da adaptación do conto “As pitas baixo a choiva” de Ricardo Carvalho
Calero que está colgado no blogue da biblioteca. e para despois do conto suxírevos as seguintes
propostas:
Proposta
1: Debuxar a parte do conto que máis vos gustara e escribir o título do
conto ou o nome e apelidos do autor. Animádevos a facerlle unha foto e enviala ao blogue da biblioteca para que podamos ver todas e todos o
chulos que quedaron: biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com
Proposta
2: Aprendemos cousas sobre Ricardo Carvalho Calero xogando:
|

xoves, 14 de maio de 2020
O traballo para o xoves
|
Hoxe propóñovos facer un par de actividades que son moi
sinxelas:
Une cada animal coa súa cría e colorea: De que planta é cada un?
Une e colorea:
A profe Ana proponvos xogar a camiñar a cegas, para elo temos que colocarlle ao neno (ou nena) un pano nos ollos. Logo darémoslle a man e dirémoslle que se deixen levar. A continuación iremos camiñando a paso lento, atentos aos demais sentidos. Indicádelle que se fixe nos olores, o que sente a través da súa pel, o son dos seus pasos,... Quitádelle o pano e invitádelle a relatar a súa experiencia. Logo, os papeis se intercambian e el/ela fai de guía e o/a adulto/a fai o percorrido.
A profe Aurora lle recorda aos nenos e nenas que van con ela que poden facer os exercicios que facían con ela.
|
mércores, 13 de maio de 2020
As tarefas do mércores
Hoxe teremos que facer dúas pequenas tarefas:
Nesta teredes que rodear as cinco diferenzas.
Cantos ovos puxo a galiña? Coloréaos e completa o
recadro co número correspondente.
A profe Esther proponvos visionar o vídeo “Charlie the chicken” e
facer a actividade que vos explica. (esta é a
tarefa semanal polo que podedes distribuila como
vós queirades):
|
martes, 12 de maio de 2020
As tarefas feitas do martes
Hoxe comezaremos a traballar sobre a obra de Ricardo Carvalho
Calero e para iso podedes facer as seguintes actividades:
Nesta ficha tes que colorear de vermello o recadro que ten moitos grans e de verde o que ten poucos.
Agora colorea, recorta e compón o crebacabezas.
A profe Bea suxírevos xogar co Lim de Ricardo Carvalho Calero.

luns, 11 de maio de 2020
As vosas tarefas de hoxe luns
Esta semana imos celebrar a Semana das Letras Galegas, que se lle adica a RICARDO CARVALHO CALERO polo que imos a traballar toda esta semana co autor e a súa obra.
Agora imos a facer dúas páxinas moi sinxelas:
Nesta páxina vas repasar o nome do escritor e a debuxalo.
Agora vas recortar e pegar o cebracabezas coa caricatura de Ricardo Carvalho.
A profe Ana proponvos realizar unha cubiteira, esta actividade consiste na clasificación e seriación con legumes e pasta que teñamos na cas. Imos colocar en cada recipiente un puñado de lentellas, fabas, macarróns, arroz,... e cunha pequena culler teredes que introducir os alimentos nos ocos dunha cubiteira. Algún adulto pode poñer nun folio dúas lentellas, 3 fabas, un macarrón, un garavanzo,... e eles teñen que repetir a serie. Unha vez realizada esta serie cun rotulador rodearán cada elemento e logo contarán cantas legumes, canta pasta,... teñen.
Esta semana imos celebrar a Semana das Letras Galegas, que se lle adica a RICARDO CARVALHO CALERO polo que imos a traballar toda esta semana co autor e a súa obra.
Agora imos a facer dúas páxinas moi sinxelas:
Nesta páxina vas repasar o nome do escritor e a debuxalo.
Agora vas recortar e pegar o cebracabezas coa caricatura de Ricardo Carvalho.
A profe Ana proponvos realizar unha cubiteira, esta actividade consiste na clasificación e seriación con legumes e pasta que teñamos na cas. Imos colocar en cada recipiente un puñado de lentellas, fabas, macarróns, arroz,... e cunha pequena culler teredes que introducir os alimentos nos ocos dunha cubiteira. Algún adulto pode poñer nun folio dúas lentellas, 3 fabas, un macarrón, un garavanzo,... e eles teñen que repetir a serie. Unha vez realizada esta serie cun rotulador rodearán cada elemento e logo contarán cantas legumes, canta pasta,... teñen. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)