venres, 27 de marzo de 2020

Hoxe toca traballar duro

Hoxe imos facer unha pequena ficha para repasar as figuras xeométricas: imos  colorear as figuras ( círculos, cadrados, triángulos e rectángulos) coas cores indicadas. Contamoscantas figuras hai de cada e escribimos o número (algúns xa a fixéchedes)



INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as cores, como xa os sabemos tentaremos cantalo e tamén e dicir de que cor son as cousas que nos rodean.



A profe Bea proponnos que vexamos o conto CARABUÑAS :

Unha vez rematado podedes inventan un novo final, facemos o monstro Carabuñas (pode facerse cun rolo de papel hixiénico e la.) Cal será o monstro máis divertido? Cal o máis terrorífico?
Que tal se agora nos conta el (ou ela) o conto de Carabuñas a nós?

xoves, 26 de marzo de 2020

Voltamos coa psicomotricidade

A profe María proponnos que xoguemos aos bolos coas botellas e cunha pelota que teñamos na casa.

Para elo imos elaborar os materiais  empregar na sesión de psicomotricidade: colorear con témpera,  con rotuladores permanentes ou pegándolle papeliños ( o que teñades) a  distintas botellas de plástico ou envases dos iogures bebibles. Cales serán os bolos máis creativos?

Quen ten máis puntería? Practicádea.


mércores, 25 de marzo de 2020

O coronavirus

Mirade que video máis chulo me enviaron explicando o que pasa co coronavirus:

Votamos de menos a nosa aula

Como votamos de menos o noso cole e a nosa aula, e por suposto, as nosas compañeiras e compañeiros, imos poñer unhas fotos do bonita que está a entrada e como non das MARABILLOSAS VIDRIEIRAS QUE FIXEMOS:






A bolboreta Lita


Hoxe imos a facer unha pequena ficha sobre a primavera: é unha poesía sobre unha bolboreta. 

Algún adulto cha pode ler ( intenta memorizar algunha estrofa ou se foses capaz toda sería xenial) e terás que colorear a bolboreta   (a ver cal será é a máis bonita). Despois escribimos o nome da bolboreta LITA e intentamos debuxar nós unha bolboreta.
A ficha, como vedes é moi sinxela porque senón a podedes imprimir podedes intentar debuxala.


INGLÉS: a teacher Esther dinos que visualicemos COLOR CREW para traballar as cores.


martes, 24 de marzo de 2020

Hoxe facemos o catro

Hoxe a nosa tarefa é colorear as xoaniñas de vermello e o número catro de rosa. 

Repasamos os números catro e os escribimos na liña marcada. Por detrás podedes facer conxuntos de catro elementos. Como sempre se non a podedes imprimir debuxádea (e se queredes podedes debuxar flores en vez de xoaniñas, como vexades).


Como ademais tamén teriamos INFORMÁTICA a profe Bea proponvos que xoguedes un ratiño co xogo “matea calculator” ou co CD do método deste ano.




luns, 23 de marzo de 2020

Os escudos dos nosos apelidos

Os escudos xa están rematados e quedaron preciosos, pero antes de velos dámoslle as grazas a profe María que fixo un marabilloso traballo:

Música: CARLOS NÚÑEZ. Alborada Anterga de Pontevedra, Mayo Longo.