xoves, 28 de maio de 2020

As tarefas do xoves


Na ficha hoxe repasaredes as liñas de destes animais e do avión como sempre (dedo, lapis, rotulador) para traballar a grafomotricidade fina ( e que os nosos dedos fagan o que lle mandemos)




A profe Ana proponnos facer un arco da vella: nun anaco de cartón ou en folios imos debuxar unhas liñas en negro que semellen o arco da vella. Logo os nenos e nenas deberán de recortar unha serie de tiras de papeis xa sexan de cores ou de revistas….e   as cortarán  en anacos. A continuación decorarán o arco da vella de forma libre.

A profe Aurora invítavos a facer os exercicios (aos que ides con ela):


mércores, 27 de maio de 2020

Tarefas para hoxe mércores

Hoxe teredes que atopar catro diferenzas e despois repasar os 4, como sempre dedo, lapis e rotulador.



A profe Esther invítanos a ver o vídeo: “The very hungry caterpillar”  e a facer a tarefa que vos indica (esta semana a tarefa vos levará  un pouco de tempo polo que podedes repartila en máis días):

martes, 26 de maio de 2020

Tarefas de hoxe

Nesta ficha tedes que primeiro colorear a granxa e os animais, despois recortala  e por último pegalos onde queirades.

En INFORMÁTICA a profe Bea proponvos xogar a un Lim dos animais da granxa:

luns, 25 de maio de 2020

Tarefa do luns

Despois de miralo vídeo debedes observar a ficha debaixo e darse conta de que hai dous animais que saen no vídeo e non aparecen na imaxe: cales son, debuxalos  e escribir o nome en castelán e en galego.


A profe Ana proponnos facer lanzamentos de pelotas, para elo necesitades unha garrafa de auga, uns papeis de xornais, revistas, folleto de supermercado… Tan só debedes facerlle un buraco á botella, sinalando que é a boca na que os nenos lanzarán as pelotas de papeis intentando encestar. Unha vez teñades feito os lanzamentos terán que contar cantas bolas están dentro da botella e cantas bolas caeron fóra.

Tarefa semanal


venres, 22 de maio de 2020

Tarefas do venres

A profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo e rematar a tarefa.


 

A profe BEA invítavos a ver o  conto  “A cebra Camila” : 


Agora toca resolver a seguinte adiviña:




xoves, 21 de maio de 2020

Os vosos traballos de hoxe

 Esa ficha está XENIAL! ( e o bico todavía mellor 👄)



 Toca facer exercicio e pasalo moi ben, que divertido o que nos manda a profe Ana.


 Diego: ENCÁNTAME o ben que fixeches esa ficha 👏👏

 Adrián: eso está VERY GOOD ( cunha pequena axuda 😉)

 A ficha das flores está XENIAL!

Miguel hoxe estivo recortando e pegando, outro bico para ti 👄👄


 MOI BEN esa ficha e esas tarefas


 Agora toca pasalo ben facendo exercicio 👏👏





MOI BEN Paula! 

Quedouche XENIAL!  


Esa ficha quedo MOI BEN! 


 Esa ficha quedou XENIAL Elsa!

Ana facendo as rutinas e a ficha... 







Ana fixéchelo XENIAL! 



Agora toca facer o xogo da profe Ana: que divertido. 


 Tomando o sol e xogando cos animaliños.


 Agora Daniel ensínanos a súa ficha:



Quedouche XENIAL!