luns, 9 de maio de 2016

Empezamos a saber máis cousas da India

Como sabedes esta semana empezaremos a coñecer un país moi interesante: 

A INDIA


Poema de Manuel María: GALICIA

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLAGalicia docemente
está ollando ó mar:
¡ten vales e montañas
e terras pra labrar!

 Ten portos, mariñeiros,
 cidades e labregos
 ¡cargados de traballos,
 cargados de trafegos!

Galicia é unha nai
 velliña, soñadora:
 ¡na voz da gaita rise,
 na voz da gaita chora!

 Galicia é o que vemos:
 a terra, o mar, o vento.
 ¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
 a xente e máis a fala.
¡Se buscas a Galicia
 en ti tes que atopala!


Manuel María: «Os soños na gaiola»

luns, 2 de maio de 2016

Día da NAI

O domingo celebramos o día da NAI e para celebralo fixemos un debuxo da nai máis guapa e marabillosa (ademais dunha fermosa e brillante flor): un bico moi grande para todas.

xoves, 14 de abril de 2016