Esta foi a primeira semana completa, na que volvemos a relacionarnos cos compañeiros e compañeiras, na que seguimos xogando, coñecendo a aula cos recunchos e xogos novos, nos que seguimos aprendendo,... e, como non, na que volvemos a rutinas e a facer os nosos debuxos cando nos toca ser encargados:
Comezamos cun novo curso: o voso derradeiro curso de Educación Infantil e aínda que estes dous días foron de relacionarnos; darlle a benvida e coñecer o noso novo compañeiro Giovanni e tamén a Yunai, que facía moito que non o viamos; contar o que fixemos nas vacacións,...
E tamén comezamos coas rutinas, e entre elas, o encargado debe debuxarse, mirade aos primeiros encargados: