Páxinas
▼
mércores, 24 de xuño de 2020
venres, 19 de xuño de 2020
Tarefa do derradeiro día de curso
Hoxe remata o curso e comezan as vacacións de verán, como non podemos estar
no cole... que vos parece
se facedes un debuxo de como vos imaxinades que sería este día de estar na
escola? Douvos unha pista: faríamos unha Feira Medieval.
En INGLÉS: a profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo de despedida: Bye bye
E para despedir o curso eu tamén vos fixen un vídeo
do que fixemos ao longo do curso, QUÉROVOS MOITO E VOLTAREMOS O CURSO QUE VEN:
MÚSICA: mamá cabra
xoves, 18 de xuño de 2020
Tarefa do xoves
Na ficha 11 imos distinguir un-varios cos adhesivos pegar
os adhesivos (un-varios). Colorear ou decorar os globos coa cor do seu
contorno. Escribir pingüino (castelán) e pingüín (galego).
PSICOMOTRICIDADE:
a profe
Ana proponnos facer: globotenis. Para poder realizala
só necesitades uns depresores, uns pratos de cartón e un globo. Unha vez
teñades o material preparado comeza o
xogo. Podedes xogar de forma individual, dándolle “raquetazos” á pelota sen que
caia e contando as veces que lle dades; ou facelo con parella, é dicir, xogando ao tenis co voso pai ou nai, irmáns,
avós….intentado dar o máximo número posible de toques.
mércores, 17 de xuño de 2020
Tarefa do mércores
Nesta ficha 10 contar as árbores que
hai a cada lado do río e pegar os adhesivos que correspondan. Colorear o grupo
de cinco árbores e puntear o grupo de catro. Cortar os adhesivos azuis e
pegalos no río para enchelo. Repasar as grafías dos números 4 e 5 (primeiro co
dedo, despois con lapis e por último con rotulador).
A profe Esther invítanos a ver o seguinte vídeo e a facer a tarefa que vos indica, o título é Happy Birthday"
martes, 16 de xuño de 2020
Tarefa do martes
Na ficha 9 de hoxe temos que observar a cor dos tres animais.
Repasar as liñas descontinuas das caracolas coa cor do seu contorno e ler a
serie. Cantas caracolas hai de cor marrón e de cor rosa?, escribir o número.
Repasar as palabras ANÉMONA, PEZ E CORAL e escribilas.
En INFORMÁTICA a profe Bea proponnos xogar co Lim do verán (a actividade 33 non a deixa facer)
luns, 15 de xuño de 2020
Tarefa do derradeiro luns do curso
Seguimos coa Unidade 4, coa ficha 8: pegar os adhesivos de tamaño
onde correspondan (están ao final do libro). Repasar as liñas descontinuas
primeiro co dedo, despois con lapis e por último con rotulador. Colorear ou
decorar os peixes (con puntiños, debuxos...). Pola parte de atrás da ficha
escribir nas pautas a serie numérica ata o cinco.
En PSICOMOTRICIDADE
a profe Ana proponnos facer o traslado de auga: deberedes ter dous
recipientes, un cheo de auga e o outro baleiro. Tendes que dispoñer dunha
esponxa coa que deberedes facer o traslado da auga dun recipiente a outro. Para
saber cantas veces tivestes que escorrer a esponxa, cada vez que a apretedes
deberedes poñer un garavanzo, unha faba ou calquera obxecto que vos sirva para
contar ao final as veces que a escorrestes. Esta actividade a podedes facer botando no recipiente diferentes cantidades de
auga.
venres, 12 de xuño de 2020
Tarefa do venres
A profe Esther invítanos a volver a ver o vídeo e rematar a tarefa.
Despois proponvos facer uns peixes que abren e pechan a boca. O primeiro que debedes facer é colorear os peixes da seguinte ficha
Cando rematedes pedídelle a algunha persoa maior que volos recorten e axuden a pegar nunha pinza de madeira (fixarvos no modelo, a boca do peixe ten que coincidir coa parte da pinza que está pechada). Esperade a que seque o pegamento e... listo! Xa podedes xogar cos vosos peixiños (quedará parecidos aos seguintes:)
xoves, 11 de xuño de 2020
Tarefas do xoves
TAREFA:
faremos a ficha 7: pintar o mapa coas cores indicadas e contar os continentes que teñen
cor. Aprender os seus nomes. Repasar os números.
PSICOMOTRICIDADE:
a profe
Ana proponnos facer a actividade “A pesca”. Tendes que ter
un bol o máis grande posible e enchelo de auga e de tapóns. Con dous garfos ou
outros utensilios como paus chineses, pinzas, culleres… deberedes coller tantos
tapóns como haxa na auga e posteriormente contalos e clasificalos por cores.
mércores, 10 de xuño de 2020
Que tendes que facer hoxe mércores
Hoxe faremos as fichas 5 e 6:
Recortar as pezas da
ficha 5. .
Pegalas formando a imaxe na 6 . Repasar as liñas descontinuas das nubes. Contar as nubes máis grandes e as máis pequenas que están arredor do crebacabezas e pegar os adhesivos
En INGLÉS: a profe Esther
invítanos a ver o seguinte vídeo “Let´s take care of the sea” e a facer a
tarefa que vos indica (e unha tarefa semanal que podedes repartir ou facela
cando queirades)
martes, 9 de xuño de 2020
Tarefa para o martes
Hoxe faremos a ficha 4: contar e colorear os globos que teñan a
mesma forma que o planeta Terra. Realizar o trazo dos números 5 e aprender o
nome do quinto ordinal. Separar os trazos da regreta con rotulador amarelo,
contalos e colorealos con cera amarela. Pola parte de atrás da ficha realizar o
trazo dos números 1, 2, 3, 4 e 5 na pauta.
http:actividadeslim.blogspot.com/2010/10/debajo-del-mar.html
luns, 8 de xuño de 2020
Tarefa para o luns
Hoxe empezaremos a Unidade
4: viaxando polo mundo, para iso primeiro
miraremos o conto.
Observaremos a ficha
1 mirando ben quen vive no Planeta Terra:
Faremos a ficha 2: contaredes os elementos e
pegaredes os adhesivos (están ao final do libro). Colorear as árbores e as
nubes e puntear a casa
En PSICOMOTRICIDADE a profe
Ana proponnos facer a seguinte actividade:
Equilibrio
con xeados: para realizala tan só necesitades un rolo de papel
hixiénico e unha bola ou pelota pequena e anotar o tempo que aguantades sen que
a pelota caia. Podedes facer un concurso cos vosos irmáns e os vosos pais e
nais.