Hoxe teredes que repasar as flores e a bolboreta e despois a decoraredes con cores, con
papeis, con puntos, ... : deixade voar a vosa imaxinación, xunto coa bolboreta.
A profe Ana
proponnos facer para Psicomotricidade o perfil con palliñas, para el necesitades un anaco de plastilina, (ou podedes facer un pouco de masa con fariña e auga) . A continuación se
tedes pallas na casa trocealas, no caso de non ter podedes utilizar calquera obxecto (boliñas,
canicas, tapas de bolígrafos…) ou alimentos como garavanzos, fabas, lentellas,
espaguetes cortados, macarróns…. Esta actividade consistirá en realizar o
perfil das letras do voso nome.
Ningún comentario:
Publicar un comentario