Páxinas

sábado, 23 de decembro de 2017

Postais de Nadal

Esta semana metemos no buzón as postais de Nadal que fixemos para os nosos compañeiros e compañeiras de nivel e recollemos os que nos fixeron. Que bo traballo!!

Que porta máis bonita temos!

Mirade que bonita quedou a porta que fixemos entre todos!! on PhotoPeach

A prehistoria

Mañán comezamos unha nova unidade: A PREHISTORIA. Imos a coñecer algo máis dela.










sábado, 25 de novembro de 2017

Dicimos NON a VIOLENCIA

O venres recordamos a todos que estamos en contra de TODO tipo de violencia.







domingo, 29 de outubro de 2017

venres, 27 de outubro de 2017

luns, 2 de outubro de 2017

Algunha das obras de arte do recuncho de plástica

Este ano un dos recunchos que temos é o de plástica e alí facemos obras impresionantes: observade algunha delas.



luns, 22 de maio de 2017

Mirade que ben quedou o noso mural do DÍA DAS LETRAS GALEGAS, feito por todas as nenas e nenos do cole.


 


martes, 2 de maio de 2017

Xoga e aprende máis sobre o espazo exterior

Aínda que algunhas cousas son un pouco difíciles outras as poderemos facer sen problema: divertídevos.



Sumamos co ordenador

Como estamos a facer sumas na clase e xa sabemos facelas bastante ben seguiremos facendo no ordenador, e aínda que están noutro idioma son moi divertidas:


domingo, 30 de abril de 2017

Celebramos os maios

O venres celebramos os maios todo o cole de Infantil: aquí tendes as coplas que cantamos (recordade que se repiten dúas veces cada unha) e debaixo unhas fotos diante do maio que fixemos entre todas e todos. Pásamolo xenial!!








 

luns, 24 de abril de 2017

OS NOSOS LIBROS FAVORITOS


Co gallo do DÍA DE LIBRO fixemos a portada dos nosos libros e contos favoritos: mirade que ben nos quedaron.

Os Nosos Libros Favoritos

mércores, 22 de marzo de 2017

Visitamos o museo.

Visitamos o museo de Pontevedra: que ben o pasamos e cantas obras de arte bonitas miramos. Observamos cadros, fixemos puzzles e ademais experimentamos coas texturas despois de traballar cos cadros.

martes, 21 de marzo de 2017

Chegou a primavera

Como xa chegou a primavera imos a celebralo cuns debuxos e cancións:


venres, 17 de marzo de 2017

Que cousas diferentes ven os inuits

Unha das cousas máis fermosas que ven son :
É o resultado do choque da luz do sol contra os gases do aire. Cada gas produce unha cor distinta.


ICEBERG


É unha gran masa de xeo.



É un anaco grande de xeo que se desprende dun glaciar.




xoves, 16 de marzo de 2017

Os medios de transporte dos inuits

Os principais medios de transporte que utilizan son:


 Esta barca chámase umiak, é unha barca cuberta de pel de morsa, a utilizan para cazar baleas e morsas.

Por terra utilizan as motos de neve para longas distancias e os trineos tirados por cans, o número de cans depende do cargado que vaia o trineo.






mércores, 15 de marzo de 2017

Como se visten os INUITS

Cómo fan as súas roupas:


          Fan a súa roupa con peles de animais, para elo primeiro separan a pel da carne dos animais cun coitelo chamado ulú.
Despois mastican a pel para ablandala. Por último a cosen cun fío feito de tendóns secos, aínda que agora adoitan empregar fío dental.

    
     Cada parte da súa vestimenta está feita da pel dun animal diferente:










martes, 14 de marzo de 2017

Onde viven os INUITS

 Os inuits viven en IGLÚS :os constrúen con bloques de xeo. Cun coitelo cortan rectángulos de xeo e os amontonaban uns enriba doutros, sobre un círculo debuxado no chan, formando ao final unha cúpula. Non usan ningún tipo de cemento, xa que as xuntas entre uns bloques e outros as recheaban con neve fina e esta se conxela soa formando unha soa peza.                                


Dentro dos iglús se está quentiño sempre e cando se tapen con mantas de pel o cuns fogóns.

Pero tamén existen outros dous tipos de vivenda:

AS TENDAS OU TIPIS 

Durante os meses de verano, a temperatura se eleva e a neve derrétese. Neses meses, os esquimais ou inuits prefiren vivir en tendas feitas con peles de animais, que poden montar e desmontar rapidamente, mentras perseguen aos animais que cazan.

 

AS CABAÑAS:

Tamén viven en cabañas construidas habitualmente con madeira. Nestas cabañas viven con todo tipo de comodidades modernas: electricidade, calefacción, cociña, televisión… Estas vivendas son moi parecidas ás nosas.



domingo, 12 de marzo de 2017

Que son os INUITS?

 
     A palabra ESQUIMAL significa "home que come carne cruda" por eso a eles lle gusta máis que lle chamen INUITS que é como lle chaman os canadienses que significa "o pobo".

     Os inuits son un pobo moi solidario, acolledor e moi pacífico.

     Son nómades para seguir as migracións dos animais que cazan.

    Os esquimais teñen os ollos amendoados. A súa estatura é corta, miden sobre 1,60 os homes e 1,50 as mulleres.
      Sabes como se saúdan? frotando o nariz contra outra.

    
     Os esquimais ou inuits  aliméntanse do que cazan e pescan e tamén recolectan ovos de ave, ourizos, moluscos, baias e raíces.
Entre os animais dos que se alimentan atopamos: a foca, o oso polar, a  morsa, o reno caribú e o boi almizclero.

Os esquimais cazan estes animais co arco ou o rifle. 
Dos animais que cazan o aproveitan todo.
As peles as usan para facer a roupa, botas, tendas de acampada, mantas... 

   

A graxa dalgúns destes animais utilízana para queimala a modo de combustible para crear calor ou quentar comida en pequenos fogóns.


Además de cazar, os inuits, tamén pescan para alimentarse.  
Para pescar utilizan redes, canas de pescar e arpóns.
  Pescan moitos tipos de peixe, pero os máis coñecidos son o salmón e a troita, peixes que comemos moitos de nós na nosa casa. 

Tamén poden pescar baleas, aínda é necesario varios esquimais polo seu tamaño. Para ello utilizan o arpón. Logo utilizarán redes para sacala do mar.