Páxinas

domingo, 18 de decembro de 2016

O noso dragón chino

Costounos moito traballo pero O NOSO DRAGÓN CHINO valeu a pena, verdade nenos e nenas?


Facemos pagodas

Recordades o que é unha pagoda, a que si? Pois agora imos construír nós algunha:


luns, 21 de novembro de 2016

Máis debuxos sobre a China

Gracias a todas e todos por tanta información sobre a China: ímonos a converter en verdadeiros expertos. 

Unai e a súa nai nos trouxeron estes debuxos moi interesantes:


xoves, 27 de outubro de 2016

A vida do bosque

Aquí tendes un novo xogo para aprender cousas e pasalo moi ben.


venres, 14 de outubro de 2016

Novo xogo do corpo humano

Aquí tendes un novo xogo pero algo máis complicado, se xogades na casa pedide axuda:


O corpo humano

Nesta unidade estamos aprendendendo que hai cousas do noso corpo que non podemos ver: nestes días xogaremos con algúns xogos que nos ensinen un pouco máis.



domingo, 25 de setembro de 2016

Os primeiros días

Aquí tendes unhas fotos dos nosos primeiros días na nova aula

mércores, 29 de xuño de 2016

Plantamos o noso xardín


Este ano plantamos un pequeno xardín: aquí tendes unha pequena montaxe coas fotografías que fomos facendo ao longo da primavera.


mércores, 1 de xuño de 2016

Visita dos nenos e nenas de 5 anos B

O outro día viñeron a nosa clase as nosas compañeiras e compañeiros da profe Julia a cantarnos unha bonita canción dos días da semana.




xoves, 26 de maio de 2016

mércores, 25 de maio de 2016

Guau

Como nesta unidade, ademais de traballar a India, estamos traballando os animais aquí tendes uns debuxos sobre eles.


martes, 24 de maio de 2016

Os nosos animais

Coa chegada da primavera todo o campo énchese de plantas, de flores, de animais,... e para celebralo ademáis de plantar o noso xardín particular fixemos no recuncho da plástica uns animais preciosos:





luns, 23 de maio de 2016

Mirade como celebramos o Día das Letras Galegas

Aínda que un pouco tarde pero aquí podedes ver que ben o pasamos o Día das Letras Galegas e unha das cancións que cantamos e bailamos ( a letra é un poema de Manuel María, o escritor homenaxeado este ano) 




mércores, 18 de maio de 2016

Feliz Feroz: o lobiño riquiño

Hoxe veu ao cole o autor do conto Feliz Feroz: o lobo riquiño e nos contou este fermoso conto. Para axudarlle tivo a axuda dunha lobiña moi boa: Lemlem.


CONTACONTOS: Feliz Feroz, o lobiño riquiño on PhotoPeach

Poema de Manuel María: O ARCO DA VELLA

O ARCO DA VELLA
O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín
co seu colorido.
 
O arco da vella
con sete colores
que teñen, no ceo,
 beleza de flores.

 O arco da vella
 no ceo chantado
 co seu colorín,
co seu colorado.

O arco da vella
 é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.

 O arco da vella
 de luz feito é.
 ¡Resulta un milagre
que siga de pé!


 Manuel María: «Os soños na gaiola»

mércores, 11 de maio de 2016

Xogamos con Manuel María

Xa que o pasamos tan ben xogando con Manuel María aquí volo deixo para que sigades xogando.


Poema de Manuel maría: O MEU BURRIÑO

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLA¡Arre, corre,
meu burro trotón,
meu burriño manso,
meu burriño bon!

¡Corre meu burriño,
non gallopes, voa!
¡A ver se lle ganas
ao vento que zoa!

¡Arre meu burriño,
non seas perguiceiro!
¡A ver se lle ganas
ao vento lixeiro...!

¡Corre meu burriño,
nos cascos pon ás
! ¡Se queres, ao vento
deixarás atrás...!

¡Arre, meu burriño!
¡Corre máis deprisa!
¡Que se perde o vento
xa verás que risa...!


Manuel María: «Os soños na gaiola»

Poema de Manuel María: O SOL

Resultado de imagen de SOÑOS NA GAIOLAO sol chámase Lourenzo
e é un señor moi finchado
que está no outo do ceio
todo o día relumbrando.

Vai vestido de marelo,
leva chaleque encarnado.
Moi seguro de se mesmo
o seu calor nos vai dando.

O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi señalado.
¡Si non fora polo sol
estaría o mundo xeado!

Soio o sol manda no ceio,
moi solemne, moi barbado.
¡As súas barbas son os raios
con que nos vai alumando!

Manuel María: «Os soños na gaiola»